30 de desembre 2006

ERGAC no palco do Galiza Ecuador


A estas alturas ben seguro que xa coñecen o acontecido no partido entre Galiza e Ecuador . Noraboa para a nosa selección que demostrou carraxe e calidade para remontar diante dunha mundialista á que, por certo, dominou durante boa parte do encontro. O que descoñecen os lectores do noso blog é que ERGAC tiña a un dos seus correspondentes no palco. Si, no palco xunto a Quintana, Villarino e o mesmísimo presidente Touriño. Enriba á dereita o que fala polo móbil é un dos nosos correspondentes en Galiza que achegaba dende o mesmísimo palco de autoridades o que estaba a acontecer en Riazor. Xa se sabe que ERGAC ten a teima de estar e informar dende o miolo onde se produce a noticia. Un saúdo dende o noso Web-Blog ao máis eficaz dos nosos correspondentes. Ah, e non rematar sen dicir: ¿para cando Galiza no mundial? ¿ Unha utopía ? Se cadra, pero non un imposible.

18 de desembre 2006

Acord entre els sindicats CIG i CSC

Aquest dimarts 19 de desembre es presentarà públicament en roda de premsa l’acord a què han arribat les federacions del sector serveis de la CIG (Confederación Intersindical Galega, (CIG) i la Intersindical-CSC.
L’objectiu principal de l’acord és el compromís a una crida conjunta en els següents termes:
- Que els treballadors i treballadores catalanes que visquin a Galiza i desenvolupin la seva tasca al sector de serveis participin activament en tots aquells processos electorals que els afectin i participin a les candidatures que presenti la Confederación Intersindical Galega (CIG).
- Que els treballadors i treballadores gallegues que visquin a Catalunya i desenvolupin la seva tasca al sector de serveis participin activament en tots aquells processos electorals que els afectin i participin a les candidatures que presenti la Intersindical-CSC.

L’acte tindrà lloc a les 19,30h a la seu del sindicat català, a l’Av. Portal de l’Àngel, 38, 1r pis, de Barcelona, i comptarà amb la presència del Secretari Nacional de Serveis de la CIG, Paulo Paio Rubido, i del Secretari General de la Federació de Serveis de la Intersindical-CSC, Ramon Sancho.

16 de desembre 2006

La UB i la USC impulsen una xarxa internacional d'incubadores universitàries

Màrius Rubiralta, rector de la Universitat de Barcelona (UB), Senén Barro, rector de la Universitat de Santiago de Compostel·la (USC), i Emilio Botín, president del banc Santander, han signat a Santiago de Compostel·la un acord que permetrà la creació d'una xarxa d'incubadores universitàries, el nucli inicial del qual estarà format per la bioincubadora que la UB està desenvolupant en el Parc Científic de Barcelona, i UNINOVA, la incubadora d'empreses de la USC. La Universitat de São Paulo, la Universitat Catòlica de Xile i l'Institut Tecnològic de Monterrey participen també en el desenvolupament de la nova xarxa, que restarà oberta a noves incorporacions.

(máis información en http://www.ub.edu)

Carlos Núñez e a Orquestra Clàssica d'Andorra

No marco do Festival do Milenio, Carlos Núñez actuará coa Orquestra Nacional de Andorra na súa formación clásica de 64 músicos, cun programa de temas musicais de películas destacadas.
Lugar: Palau de la Música Catalana
Dirección: Sant Francesc de Paula, 2
Data: 21/12/2006
Hora: 21.30 h
Entrada anticipada: de 18 a 52 €

Unha de romanas (III)






Por primeira vez no mundo unha agrupación teatral consegue facer unha triloxÍa con dúas pezas. Tiñan que ser os Furafollas coas romanas e coa súa innata capacidade para as matemáticas... Sábado día 16 ás 20:00 h. na Galería Sargadelos (Provença, 276).

03 de desembre 2006

Galego con acento catalán

O xornal La Voz de Galicia publica o domingo unha reportaxe sobre a radio galega en Cataluña, na que Ergac ten unha destacada presenza. A información foi realizada polas correspondentes do xornal en Barcelona, logo de visitar diversos programas radiofónicos.

Díaz Pardo en Barcelona


O artista e ensaísta Isaac Díaz Pardo (1920), un dos fundadores de Sargadelos e Edicións do Castro, intervirá o 5 de decembro ás 12. 00 horas na conversa-conferencia titulada “Galicia e a memoria histórica", acompañado de Xesús Alonso Montero e de Xosé Luís Axeitos, nun acto organizado pola sección de Filologies Gallega i Portuguesa da UB, no Edifici Històric de Gran Vía.

Pola tarde, ás 19.00 horas, homenaxe a Díaz Pardo como editor en Sargadelos, con motivo da presentación do libro La sátira de Valle-Inclán en el «Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte»: tradición y modernidad, de Unvelina Perdomo (Edicios do Castro). Este evento organízao o Taller d'Investigacions Valleinclanianes da Universitat Autònoma e a revista El Pasajero.

29 de novembre 2006

“Tendencias” (El basar del Xino, 2ª edició)


Nova exposició col·lectiva de La Xina A.R.T.
Autors: Anxo Baranga, Benxamín Álvarez, Cruz Rivacoba, David Tarancón, Jason Cresswell, Joan Pallarés, José Antonio Troya, José Ramon Alba, Manuel Ruz, Marc Vilallonga, Pere Pich, Ramon Suau i Xesco Mercé. Convidats Carine Saüt i Salvatore Tutti (La Citrate).
Espai: La Xina A.R.T., Doctor Dou, 4, Barcelona
Dates: del 30 de novembre de 2006 al 5 de gener de 2007
Horari: De dimarts a divendres de 17:30 a 20:30 h; dissabtes de 11:00 a 14:00 h.
Inauguració: 30 de novembre a les 19:30 h

28 de novembre 2006

Trobada a Compostela

Un grupo de persoas achegadas á cultura catalá e asentadas en Galicia veñen de convocar unha “trobada” de xente en Santiago de Compostela, coa idea de “unir forzas, inquedanzas e recursos”, para ver se é posible organizar en Galiza unha axenda cultural catalá, do mesmo xeito que existen en Cataluña numerosas actividades relacionadas coa lingua e a coa cultura galegas.
Esta é a convocatoria:

Es dos Países Cataláns e vives en Galiza?
Es galego e viviches nos Países Cataláns?
Es galego e queres coñecer os Países Cataláns aínda que nunca viviches alí?
Non es nin galego nin catalán, vives en Galiza, e interésanche os Países Cataláns?

Un grupo de persoas que respondemos afirmativamente a algunha destas preguntas queremos organizar un encontro para coñecernos, falar un pouco e ver se podemos tirar algunha idea engaiolante. Non se trata de constituírmonos en ningunha asociación (ves per què no...), nin de de facer pa-amb-tomàquets mensuais (com que no?), senón máis ben de unir forzas, inquedanzas e recursos, cadaquén o que teña ou queira, para ver se podemos facer en Galiza algunha cousa semellante ao que xa hai ben tempo que se fai nos Países Cataláns, onde é habitual atopar na axenda cultural actos relacionados coa lingua e mais coa cultura galegas.
Non partimos de ningunha proposta concreta, nin dun grupo de xente determinado. Só queremos ver qué se nos ocorre e qué posibilidades temos de levalo a bo porto.
Ímonos encontrar no local social da Gentalha do Pichel , en Sant Jaume de Galícia (Rúa Santa Clara 21), o sábado 2 de decembro ás 20h.

26 de novembre 2006

Identidades xeolinicas


O artista Xaime López ("Chispón") presenta o 2 de decembro ás 21 horas na sala de exposicións dos Centro Galego de BCN, a mostra "Identidades Xeolinicas", que se compón de 10 cuadros, dous vídeo-arte e unha performance.

Os Furafollas en escena






Imaxes tomadas en Sargadelos de BCN o 22 de novembro

Dones per si mateixes


Conferència de la filòsofa María Xosé Agra: "Dones per si mateixes: el pensament feminista a Galícia o gallec". Dijous 30 de novembre a les 11:30 (Edifici Josep Carner, Aula 3.6c/ Aribau, 2, Barcelona). Organitza Filologies Gallega i Portuguesa amb el suport de Secretaría Xeral de Política Lingüística.

22 de novembre 2006

Conferencia


Conferencia da escritora galega e presidenta da ONG Implicada/os no desenvolvemento, María Reimóndez, baixo o título "Solidariedade entre mulleres. Só ficción?". No Edifici Històric da UB, o 1 de decembro ás 19:30 horas. Acto organizado por Filoloxía Galega da UB e incluído dentro do programa cultural de Rede.cat.

20 de novembre 2006

Can de palleiro


A galería Sargadelos inaugura o xoves 16 de novembro ás 20.00 horas a exposición Can de Palleiro. Mostra de ilustracións de autores galegos, organizada pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). A mostra inclúe obras de ilustradores de diferentes xeracións, unidas por un nexo común, o can de palleiro, raza autóctona galega. Pódese ver ata o 14 de xaneiro.

Unha de romanas

E cando chegaron as potentes centurias romanas para conquistar Gallaecia, os valentes galaicos, protexidos nos seus castros, dixeron:"¡ben ho! ¡pois xa que estades aquí, ímoslle tomar algo!!". En pouco tempo as centurias romanas quedaron conquistadas e empezou a decadencia do Imperio Romano. Chegaron a Gallaecia berrando: "Ave Caesar, morituri te salutant" e aos tres meses xa ían por: "A ver carallo, pon máis viño!".
Ven coñecer a verdadeira historia da romanización galega a cargo de Furafollas. Día 22 de novembro ás 20:30h. na galería Sargadelos (Provença, 276) de Barcelona.

Pop galego en BCN

Festival itinerante Ernie 06
NIÑO Y PISTOLA (folk pop / Galícia) + JUGOPLASTIKA (rock / Madrid) + IGLOO (pop / Galícia). Divendres 24, sala Sidecar ( Plaça Reial, Barcelona), 21.30 h. 8€ .

15 de novembre 2006

Irene Simón no Café-Bar "La Cotxera"


Dentro d ciclo de monólogos, maxia, música e contacontos en directo que organiza o Café-Bar La Cotxera, este xoves a partires das 20h poderemos ver a Irene Simón, presentando "Reencontro (1ª Parte)".

Para chegar: 2 minutos a pé dende a parada de Virrei Amat da L5.
Rúa Costa i Cuxart 31 de Barcelona (Telf. 93 352 2502).


08 de novembre 2006

Loretta Martin en Bellaterra


Durante a Festa Major 2006 da Universitat Autònoma de Barcelona, o xoves 9 de novembro, vai actuar o grupo galego Loretta Martin, compartindo escenario co grupo occitano Mirabèl e a formación vasca Txalambé. Será na Plaça Cívica da UAB (Bellaterra), na seguinte orde:
12.00 h. MIRABÈL
13.45 h. LORETTA MARTIN
15.30 h. TXALAMBÉ

05 de novembre 2006

Novidade editorial

Presentación do libro O estado e a política en tempos de globalización de Carlos Sixirei Paredes e Juan Rial Roade, ás 19:30 horas no Convent de Sant Agustí (R/ Comercio, 36). O 17 de novembro.

03 de novembre 2006

Volve o magosto a Les Planes

O magosto de Les Planes vai camiño de converterse nun clásico da axenda de festas populares galegas en Barcelona. Este evento convocou na edición pasada a unhas 200 persoas, e este ano repiten lugar de celebración, o Merendeiro Font de les Planes. A cita será o 11 de novembro a partires das 13.00 h. Haberá churrasco, castañas, viño e queimada, con conxuro incluído. Asistencia previa inscrición.
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO

28 d’octubre 2006

As eleccións ao Parlament a través da ollada galega

O programa Rec Cámara, un novo espazo producido polos servicios informativos da Televisión de Galicia, dedica este sábado o seu informe a pulsar a opinión da colonia galega que reside en Cataluña, ante as eleccións autonómicas do próximo 1 de novembro. Aproximadamente 85.000 galegos teñen dereito a voto nestes comicios. A vivenda e a inmigración son algunhas das súas principais preocupacións. O programa pode seguirse ás 21.00 , despois do telexornal, a través da web da CRTVG.

Mulleres no tempo



Imaxes de Xabier Paradelo

Imaxes da actuación da agrupación teatral Furafollas no Centro Galego de BCN, o pasado 21 de outubro, co espectáculo "Mulleres no tempo", dentro do ciclo "Troleiros da Provença".

25 d’octubre 2006

O escritor Diego Ameixeiras, premio Xerais de novela 2006 visita Barcelona

- Martes 31 de outubro
*16:30h: charla na Universitat Autònoma de Barcelona, co título "Dez razóns para facer literatura nunha lingua indíxena". Aula 112 da Facultat de Lletres.

*19:30h: coloquio organizado polo club de lectura de Cerdanyola del Vallès arredor da novela "O cidadán do mes". Centro Galego de Cerdanyola del Vallès.

- Xoves 2 de novembro
*20:00h: Presentación do seu último libro "Tres segundos de memoria", Premio Xerais de novela 2006. Galería Sargadelos de Barcelona.

22 d’octubre 2006

XXII Festival de Música Galega en Barcelona

O vindeiro 28 de Outubro de 2006 ás 17:30h no Palau de Congressos de Montjuïc xunto á Plaça Espanya a A.C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas de Barcelona organiza o XXII Festival de Música Galega en Barcelona no que se pretende achegar a Catalunya unha mostra da cultura e tradicións de Galicia. Este ano participarán os músicos, humoristas e grupos:
- ASOCIACIÓN CUTURAL DONAIRE – Grupo de Danzas d'A Coruña
- CREMA DE GAITA – Grupo Folk de Vigo
- MIGUEL LAGO - Humorista de Vigo
- XERFA – Grupo Folk de Vigo
- PEPE VAAMONDE GRUPO – Coñecido grupo d'A Coruña
- TANXEDORAS DO PANDEIRO - Pandeireteiras de Vigo
- BANDA DE GAITAS TOXOS E XESTAS

O festival será presentado por : FERNANDO ONEGA

As entradas estarán á venda nos puntos habituais, no propio local da asociación (Casa del Rellotge) ou no mesmo Palau de Congressos dende as 16:30h.
Para calquera consulta ou dúbida, póedense poñer en contacto coa asociación a través do web www.toxosexestas.com , por e-mail: escol@toxosexestas.com ou en cualquera dos seguintes teléfonos: 93 441 02 83 / 93 428 47 98 / 93 418 86 76.

21 d’octubre 2006

A Fegalcat estrea web oficial

Federación de Entidades Galegas en Catalunya vén de estrear a súa web oficial, na que se ofrece información dos 15 colectivos galego-cataláns que conforman a federación, así como das actividades que organizan. Tamén hai foro e álbums de fotos.

11 d’octubre 2006

Conferencia sobre os incendios

Mesa redonda : "Incendios forestais en Galicia. Causas e Solucións", coa intervención de Javier Retana, director de CREAF (Centre de Recerca Ecològica i AplicacionsForestals), Moncho Ramos, sociólogo da UAB, e Vitor Cabral, de Espazo Galego. O xoves 19 outubro ás 20.00 horas na Galería Sargadelos, sala Castelao (Provença, 276).

Apertura dos cursos de lingua e cultura galegas

Conferencia de Antón Costa Rico, baixo o título "Galicia: reino, nación e comunidade europea. O desenvolvemento cultural", con motivo da apertura dos cursos de lingua e cultura galega para adultos da Universitat de Barcelona. O venres 20 de outubro ás 18 h na aula 111 do Edifici Històric da UB (Gran Via de les Corts Catalanes, 585).
Costa Rico (Castellar de la Frontera, 1952) é profesor de historia da educación na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e das revistas As Roladas e Revista Galega de Educación. Entre os seus libros recentes destacan Sarmiento: vida e obra (2002) e Historia da educación e da cultura en Galicia (2004). Organiza Filologies Gallega i Portuguesa, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

01 d’octubre 2006

II Foliada no Ateneu Popular de Nou Barris


O Ateneu Popular de Nou Barris recunca como espazo para a cultura galega viva, coa celebración, do 6 ao 7 de outubro, da II Foliada, un festival multidisciplinar que trae a Barcelona as novas tendencias culturais galegas e que pretende consolidar vías de comunicación entre as dúas culturas, catalana e galega, aproveitando para a creación de vías de contacto.
A II Foliada é unha continuación da primeira edición celebrada no 2003. Nesta ocasión actuarán os grupos galego-cataláns Rumborachera e La Pegatina, ademais doutros procedentes de Galicia como Skarnio, A Compañía do Ruido ou GalezoZ, entre outros; todos eles forman parte, do disco colectivo A Per Loca , que será presentado dentro dos actos do festival.
Durante a Foliada tamén se dará a coñecer a plataforma cultural Rede.cat, formada por colectivos implicados na potenciación da cultura galega en Catalunya e con experiencia na organización de actividades cívicas e culturais galegas, como Espazo Galego dos Països Catalans, Furafollas Agrupación Teatral, Foro Cívico Galego, Espazo Polifónico, ERGAC, Asociación Xohan de Requeixo, A Lonxa Arte, La Xina Art, FDG Cultural, Filoloxía Galega da UB, o Lectorado de Galego da UAB e Galauda.

21 de setembre 2006

Espazo Galego na Merce 2006




O Espazo Galego participa este ano nas festas de Mercè dentro da campaña de 'Acollida Lingüística', promovida e organizada pola Plataforma per Llengua e unha quincena de asociacións. As carpas das entidades, así como os actos terán lugar na praza de Sant Agustí de Barcelona e na parroquia do mesmo nome, o Domingo 24 a partires das 16:00 do serán (Metro Liceo, L3 e Catalunya, L2-L3). Contamos coa vosa presenza.

18 de setembre 2006

Volve o San Froilán a Nou Barris

Un ano máis, o barrio barcelonés de Nou Barris reproduce á súa maneira as populares festas de San Froilán, os festexos máis importantes de Lugo, nos que se honra ao patrón da cidade con espectáculos, polbo á feira, competicións deportivas e atraccións de feira á antiga usanza. En Barcelona, os actos terán lugar na Praza Maior do Distrito (Doctor Pi i Molist, 133), a fin de semana do 6 ao 8 de outubro, organizados pola asociación Amigos de San Froilán. A verbena e as actuacións de grupos de música tradicional dominarán un programa de festas sen moitas sorpresas, no que destaca o acto de izada de la bandera galega na sede do districto, co acompañamento dos inmnos galego e catalán a cargo da banda de gaitas Rosalía de Castro de Cornellà. Consulta o programa.

Lamatumbá nas festas da Mercè


A verbena galega do século XXI chega a Barcelona da man do grupo Lamatumba ( "Licor Café" e "Dolores" xa son temas emblemáticos), que actúa na Plaça de Sant Jaume o venres 22 de setembro. O concerto está enmarcado no Mercèfolk e arrincará ás 23.30, con entrada libre. O grupo galego comparte escenario coa banda Dumbalá Canalla.

XXII Cursos de lingua e cultura galegas na UB

Cursos oficiais da Xunta de Galicia destinados ás persoas maiores de 17 anos que queiran iniciarse ou afondar no estudo na lingua e da cultura galegas, sexan ou non estudantes da Universitat de Barcelona. De aprobar o curso, o alumnado acadará un diploma oficial por 75 horas e créditos de libre configuración. A matrícula é gratuíta. Pódese facer a inscrición do 25 de setembro ao 11 de outubro. Lugar: Filoloxías Galega e Portuguesa. Edificio Josep Carner. Sala 5.23, Facultat de Filologia - Universitat de Barcelona. C/ Aribau, 2- 08007 Barcelona.
Máis información.

06 de setembre 2006

A revista reNOVA GALIza preséntase na Diada de Catalunya

O número 2 da revista reNOVA GALIza editada polo FORO CÍVICO GALEGO DE BARCELONA será presentada o 11 de setembro, Diada de Catalunya, no marco da V Mostra d'Entitats que organiza co gallo da Diada de Catalunya o colectivo Gent de la Terra.
A presentación terá lugar na carpa central da Mostra ás 15:30h.

PRESENTACIÓ DE LLIBRES-REVISTES
15.30h – Fòrum cívic Galego de Barcelona:
presentació de la revista Renova Galiza 2

08 d’agost 2006

Certames literarios da A.C. Rosalía de Cornellà

A Asociación Cultural Galega “Rosalía de Castro” de Cornellá convocou un ano máis os certames literarios “Rosalía de Castro” e “Rosa Reboredo” que premiarán respectivamente os mellores poemas e narracións orixinais, que se presenten ao concurso antes do 15 de outubro de 2006. Poderá participar no certame de poesía calquera persoa que envíe por correo ordinario ao enderezo da asociación (Rúa Federico Soler, 71, 08940-Cornellá-Barcelona) obras en galego de entre 30 e cen versos; no concurso de narrativa admítense traballos en galego ou catalán, que ocupen entre dúas e dez páxinas. Os premios fallaranse nas Xornadas Culturais que a asociación celebrará no outono. Poden obter máis información solicitándoa no correo: lua_nova@terra.es.

18 de juliol 2006

25 de Xullo 2006. Día de Galiza en Catalunya.


Por segundo ano consecutivo a Generalitat de Catalunya celebrará con rango institucional o Día de Galicia -“La Diada de Galícia”-. O acto terá lugar o vindeiro martes 25 de xullo de 2006 no Palau Robert de Barcelona ás 19.30h (Paseo de Gracia 107) e contará coa presenza por parte do goberno catalán do Conseller de Relacions Institucionals i Participació, Hrble. Joan Saura. Espérase a confirmación de representantes do goberno galego así como tamén a presenza de representantes das entidades galegas en Cataluña.

O Foro Cívico Galego de Barcelona (FCGB), entidade organizadora do acto, fará unha lectura pública do "Alba de Groria" de Alfonso D. R. Castelao e tamén presentará o monográfico do caderno de pensamento cívico do número 2 da revista reNOVA GALIza, que leva o títuo: “A Galiza global: as galegas e galegos no mundo (I)”, que reflexiona, cuantifica e contextualiza a emigración galega no ámbito planetario contemporáneo na intención de encetar un novo camiño de acción na Galiza Global cara á divulgación e consolidación nela das formas e os contidos da identidade galega construída dentro e fóra dos lindeiros da Galiza histórica. A Galiza Global en proceso de rexeneración e reconstrución polo vieiros da galeguidade, un reto contemporáneo.

29 de juny 2006

Estrea da Alameda Castelao en Sant Andreu


O Concello de Sant Andreu de la Barca inaugura o 2 de xullo unha alameda que leva o nome de Castelao, cun completo programa de actividades en homenaxe ao intelectual galeguista. A alameda está situada á entrada de Sant Andreu, pola Autovia del Baix, e conta con once monolitos que reproducen debuxos de Castelao, realizados por Sargadelos e doados pola Xunta de Galicia. O programa de actos inclúe unha exposición de Castelao na biblioteca de Aigüestortes, un concerto do grupo A Quenlla (1 de xullo, na Plaça de la Font de la Roda, ás 22.30h) e unha ofrenda floral a Rosalía de Castro, no parque que leva o seu nome, no barrio da Plana.

21 de juny 2006

Mostra de humor gráfico no Centro Galego


Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC) ten o pracer de convidarvos á inaguración da exposición de banda deseñada dun dos nosos membros, Xosé Manuel Fernández Montes, autor da viñeta de humor gráfico que todos os meses publica A Micro Pechado e un dos condutores do programa radiofónico "Aturuxos" (Radio Ciutat Vella, 100.4 FM BCN). O acto terá lugar o vindeiro día 1 de xullo, ás 20 horas, no Centro Galego de Barcelona e estará cheo de sorpresas.

20 de juny 2006

Inauguración de "Galicia en foco". Mércores 21


A galería Sargadelos de BCN acolle o 21 de xuño ás 20.00 horas a inauguración da exposición de fotoxornalismo Galicia en foco e a presentación do N. 20 da revista FerrolAnálisis
A presentación correrá a cargo do Cecilio Tieles, pianista, Carolina Camañes, profesora de Hª da Arte, e Xan Morales, Presidente do Club de Prensa de Ferrol.

17 de juny 2006

Homenaxe a Costa Clavell en Sargadelos


O escritor e xornalista Xavier Costa Clavell, nado en Chantada, faleceu o pasado 8 de maio en Barcelona, aos 82 anos. Costa Clavell conservou a súa afección pola escrita ata os seus últimos días; deixou como legado o froito de máis de medio século de dedicación ás letras e á difusión da cultura galega no exterior. Familia e amigos vanlle render homenaxe o 29 de xuño, na Galería Sargadelos, ás 20.00 horas

16 de juny 2006

O GRAN ENCONTRO folclórico


O Gran Encontro de "gallegos del Mundo" que se celebrou na pasada fin de semana -9, 10, 11 de xuño- no recinto do Fórum foi unha festa fundamentalmente folclórica. ¿ En qué nos baseamos para emitir este xuízo?, pois en imaxes coma esta: o presidente da asociación de empresarios galegos en Cataluña AEG-CAT Julio Fernández, promotor do ENCONTRO, aparece xunto a José Manuel Parada, folclorista por antonomasia da televisión española e doutros ámbitos, os dous xuntos tocan as "palmas" mentres tentan, supoñemos, arrincarse por "bulerías". Estes dous señores son nados en Galicia. Por certo que a isto algúns lle chaman: Cultura Gallega ! !Meus Deus, somo todos ateos!

14 de juny 2006

GRAN ENCONTRO da Trangallada

Se alguén ten dúbidas sobre qué vai este Gran Encontro de "Gallegos del Mundo"
pode ver as fotos da Cea de Gala no web do Encontro: http://www.netshooting.com/gala

E tampouco debería de perderse esta crónica:
http://www.galiciaconfidencial.com/archives/2006/06/o_encontro_folc.html#more

  1. O evento estivo presentado por Silvia Jato, que falou en español en todo momento, ó igual que fixo Julio Fernández, que preferiu utilizar o catalán na clausura. A presentadora luguesa acercouse a mesa onde estaba o presidente da Xunta e a súa dona, Ester Cid, cando ésta comezou a falar en galego, a presentadora invitouna a utilizar o español.
  2. O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, non estivo nada cómodo durante a presentación da 'Alianza' polo protagonismo que tivo Caixa Galicia, a pesar de que a participación das caixas era a partes iguais. O seu enfado foi en aumento cando Silvia Jato non o recoñeceu durante a presentación.
  3. Non foron poucos os empresarios e políticos que marcharon cunha mala impresión do evento, principalmente, porque comprobaron que había algúns que estaban nel co fin de aproveitarse das circunstancias.
  4. Impresionou o discurso do ex presidente da Generalitat, Jordi Pujol. "Foi o único que dixo algo con xeito, que loubou a capacidade empresarial dos galegos, a súa carraxe, o seu traballo", sinalan ó loubar o seu discurso "nada victimista" e "tremendamente positivo e cargado de futuro".

09 de juny 2006

Manifesto ante da celebración do "Gran Encontro de gallegos del mundo"

Diante da celebración do II "Gran Encontro (sic) de gallegos del mundo" (9, 10 e 11 de xuño) organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña (AEGA-CAT) coa colaboración de Federación de Entidades Gallegas de Cataluña; que dá continuidade ao recinto do Fòrum, un recinto produtto da especulación que se intenta rendibilizar enchéndoo con contidos estraños á vida cultural da cidade, dende o ESPAZO GALEGO DOS PAÏSOS CATALANS queremos manifestar o noso rexeitamento a este tipo de acontecementos:

-DENUNCIAMOS que os organizadores queren que a xente confunda "galeguidade" con "empresariado galego". Entendemos que as grandes empresas unicamente se poden representar a elas mesmas e os seus intereses. Isto queda claro neste acto, onde os lemas "cultura" e "xentes" disfrazan o "encontro de emprendedores", que deixa de banda a suposta finalidade do evento.
-EXIXIMOS aos organizadores que expliquen claramente cales son os obxectivos da celebración, máis alá do envoltorio cultural co que a revisten.
-PREGUNTAMOS : se unha das supostas intencións do "encontro" é dar a coñecer a Galiza actual, por que os problemas reais da Galiza non aparecen enunciados en ningunha das conferencias ou actos programados? Estamos pensado especialmente naquelas condicións socio-laborais que obrigan as galegas e aos galegos a ir por "el mundo".
-INTERÉSANOS saber por que, si queren promocionar a cultura galega, esquécense dos seus signos de identidade, coma, por exemplo, a lingua, ausente na publicidade impresa. Denunciamos tamén a total ausencia do catalán, lingua propia da sociedade na que vivimos, tanto no programa como en toda a información e publicidade do acto. Realmente, quérese ofrece unha imaxe da Galiza libre de tópicos? Baseándonos no programa do "encontro", denunciamos que se promove unha visión reducionista, folclorista e acrítica da cultura galega que reduce a visión da Galiza ao folclorismo máis esencialista, buscando soamente a promoción empresarial descarada dalgún dos seus participantes.
-EXIXIMOS ás administracións públicas que especifiquen o seu grado de participación no proxecto. Referímonos á Xunta de Galicia, ao Concello de Barcelona, ás deputacións de Barcelona e Lugo, e á Generalitat de Catalunya. E, SOBRETODO: queremos saber si esta participación implica a inversión de cartos ou recursos públicos no acontecemento. Rexeitamos a falta de transparencia que envolve o "encontro". Esiximos que se aclaren as contas e os obxectivos reais deste acto. Si os empresarios queren facer propaganda política subliminal ou promoción das súas entidades lucrativas, que o fagan, pero cos seus cartos, e non cos das catalás e dos cataláns, nin cos das galegas e dos galegos, nin cos de ninguén.

Barcelona, 7 de xuño de 2006
Espazo Galego dos Països Catalans

05 de juny 2006

Berrogüetto na sala BIKINI. Sábado 10 ás 21h

Berrogüetto, unha das referencias da música folk galega, mestres na experimentación de mesturar o tradicional co contemporáneo, presentan o seu 4to. traballo titulado 10.0 que vén a conmemorar os 10 anos do Grupo.

Berrogüetto segue ofrecendo música galega que trascende as fronteiras de Galiza e neste 10.0 presenta o seu disco máis coral e acústico- dúas composicións por artista- refrexando a evolución personal da banda como factoria propia de ideas e duns músicos que sempre rexeitaron o pruducir por producir. Un traballo con viaxes evocadores e apostas influenciadas pola música contemporánea: dende o jazz ao pop.
Venda Anticipada 12 € no FNAC, Gong Discos, Carrefour, pàxina Web de Bikini: www.bikinibcn.com

Sábado 10 de xuño ás 21h na Sala Bikini C/Deu i Mata 105

01 de juny 2006

Morreu un símbolo da emigración


Un día do ano 1957, presentábase Manuel no porto da Coruña para despedires os seus pais, a súa irmá e a unha prima que emigraban a Buenos Aires. Nese intre foi cando o fotógrafo Manuel Ferrol captou unha instantánea que o converteu nunha imaxe de sobra coñecida por tódolos galegos. A fotografía de Manuel Ferrol amosa a dureza da despedida, as facianas de Manuel e mailo seu fillo expresan con sinceridade a dor que os invadiu naquel intre. Manuel Calo Marcote por poucos coñecido polo seu nome, foi enterrado onte en Fisterra. Vaise un símbolo da emigración, a imaxe e o sentimento non.

30 de maig 2006

Gran Encontro de "Gallegos del Mundo"

Os días 9, 10 e 11 de xuño vaise celebrar no recinto do Fórum novamente o rechamente Gran Encontro de "Gallegos del Mundo". Pódese consultar toda a programación na web http://www.granencontro.com/ga/. Polo que puidemos ver non haberá grandes diferenzas en comparanza co ano pasado.

26 de maig 2006

Ramón Villares no Centro Galego

O recentemente elixido presidente do Consello da Cultura Galega e Catedrático de Historia da USC Ramón Villares estará o sábado 27 ás 19h no Centro Galego de Barcelona para dar a conferencia: “As Letras Galegas: Lugrís Freire”

19 de maig 2006

Celebración das Letras Galegas na UAB

Programa de actividades no Día das Letras Galegas 2006 na Universitat Autònoma de Barcelona

Luns 22 de maio
12:00h. Conferencia "A figura de Lugrís Freire e as letras galegas", a cargo do investigador Xabier Campos Villar.

13:00h. Acto de entrega dos premios literarios Riscos. Presentación da vindeira convocatoria do certame literario, en colaboración co Espazo Galego dos Països Catalans. Aperitivo. Na sala de Graus da Facultat de Lletres

15:00h. Comentario da obra de Lugrís Freire. Debate aberto sobre o contexto actual da literatura galega, coa presenza do Prof. Xabier Campos Villar. Aula 602 da Facultat de Lletres.

15 de maig 2006

Comunicado público do Coro Lonxe da Terra


Ante a dimisión definitiva e irrevocable do director do coro Lonxe da Terra, do Centro Galego de Barcelona (CGB), os integrantes do coro manifestan públicamente a solidariedade co seu director, e queren pór en coñecemento da opinión pública as causas xerais que provocaron a situación actual:

1º.- Dende hai máis de un ano, o director do coro vén padecendo toda clase de ataques, intrigas, e artificios subrepticios, baseados unicamente en falsedades sen escrúpulos, coa finalidade de desacreditar o seu labor profesional. Esta actitude, debida básicamente a xenreiras persoais e a un excesivo orgullo por parte de determinadas socias do CGB, desencadeou unha auténtica caza de bruxas, creando unha atmosfera irrespirable que imposibilita o normal desenvolvemento da actividade cotián do coro.

2º.- Como resultado da última Asemblea Xeral Ordinaria, a solvencia profesional do director do coro, e a calidade e proxección que logrou imprimirlle ó grupo, foi de sobra demostrada e recoñecida por tódolos asistentes, quedando as dúas causantes iniciais do problema (ex-Presidenta e mais ex-Vicepresidenta do CGB) relegadas a unha situación de auténtica vergoña pública, mesmo ós ollos de moitos dos socios que foran por elas convocados coa fin de secundar a súa campaña de difamación.

3º.- A pesar do anterior, os actos de boicot continuaron, chegando a ex-Vicepresidenta mesmo ó extremo de secuestrar o arquivo de partituras do coro.

4º.- Na devandita Asemblea Xeral tomáronse unha serie de acordos que afectaban directamente a actividade do coro e á relación do seu director co Centro Galego. Parte destes acordos foron posteriormente incumplidos polo actual presidente do Centro, quen no seu xeito de manexar a situación, demostrou unha absoluta falla de tacto e estilo.
Cando se lle pediron explicacións ó respecto, manifestou diante de tódolos membros do coro que a súa decisión debíase ás “fortes presións que está a recibir”, sen que especificase a orixe de tales presións.

En base a todo o anteriormente esposto, e debido á ambigüidade e pouca transparencia no que se refire ó comportamento xeral do Presidente do CGB, así como á súa incapacidade pra pór fin ás manipulacións e boicots exercidos por socios con excesivo poder dentro da entidade, os abaixo firmantes membros do coro Lonxe da Terra, manifestan por unanimidade a súa intención de disolver o grupo, e abandonar toda colaboración co CGB, mentres a actual xunta directiva continúe á súa fronte.

E para que así conste, asinan o presente manifesto, en Barcelona, a 25 de abril de 2006.

12 de maig 2006

Barcelona. Letras Galegas 2006 en Sargadelos

Galería Sargadelos - Rúa Provença 274 08008 Barcelona
17 mércores/dimecres ás 20.00 h. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
APERTURA DA EXPOSICIÓN/OBERTURA DE L'EXPOSICIÓ "Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra"
17 mércores/dimecres 20.30 h.
FURAFOLLAS. CONTOS DAS
LETRAS/CONTES DE LLETRES '17 de Maio Día das Letras Galegas' en desigual loita contra '17 de Maio Día de Fútbol' Quen gañará?
18 xoves/dijous ás 20.00 h.
APERTURA DA EXPOSICIÓN/OBERTURA DE L'EXPOSICIÓ"Pinturas de Siro López. Homenaxe a Picasso". Na inuaguración acompañará ó artista o catedrático de Filoloxía Galega da UB/en la inauguració acompanyarà a l`artista el catedràtic de filologia de la UB: Basilio Losada
19 venres/divendres ás 20.00 h.
APERTURA DA EXPOSICIÓN/OBERTURA DE L'EXPOSICIÓ
"Alberto Andrés. Si les parets parlessin. Ceràmica"

06 de maig 2006

Olga Novo, poeta e crítica literaria, na UB

Conferencia de Olga Novo "Mitos, mulleres e pracer".
Olga Novo (Pobra do Brollón, 1975), poeta e crítica literaria, é profesora de galego na Université de Rennes. A súa é unha das voces máis orixinais e sólidas da nova escrita de mulleres e da súa xeración. Da súa obra cómpre salientar Nós nus (1997), A cousa vermella (2004) e o ensaio Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005).

Luns 15 de maio de 2006, de 18.30 h. a 20 h.Edifici Josep Carner, Aula 2.1Aribau, 2 - 08007 Barcelona. Organizan: Filologies Gallega i Portuguesa, Centre Dona i Literatura. Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia e Espazo Galego dos Países Cataláns.

26 d’abril 2006

Francisco Rodríguez no Centro Galego

O Xoves 4 de Maio, o deputado do BNG en Madrid, Francisco Rodríguez estará en Barcelona para amosares a posición do seu partido perante o novo estatuto de Galiza, que se comezará a debater no parlamento galego nas vindeiras datas. Organizan o acto o BNG de Catalunya, Galiza Nova de Barcelona e o Centro Galego de Barcelona.

Hora: 20:00h
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins 32-35
(metro Liceu ou Drassanes, liña verde)

19 d’abril 2006

Xa podes mercar as entradas para o concerto de Lamatumbá en Barcelona

Un dos directos máis frescos da música galega, o que moitos dan en chamar "a nova verbena do século XXI”, unha mestura orixinal de reggae, samba, rumba e rock... non o perdas, a festa está asegurada.

" ...licooor do negro cafeeee, que me tumbas que me matas.... "

¡Moito ollo! no derradeiro concerto en Barcelona moitos quedaron sen entrada, daquela, se queres adiantarte, aquí tes a información que precisas:

SALA APOLO - Sala2
Sábado 13 de Maio as 21:00h 6 euros ant / 8 euros taquilla
Venda anticipada en:
ETNOMUSIC
C/ Bonsuccés, 6 - 08001
Tel: 933011884

09 d’abril 2006

Semana do Libro Galego en BCN

Do 18 ao 23 de abril na Galería Sargadelos Barcelona (C/Provença 276). Organiza a Asociación Galega de Editores.

Mércores 19
20.30 h. Nova rolda de contos do grupo teatral Furafollas, baixo o título "E agora pasa un tren. Contos de traballos e traballadores no Estrella Galicia".

Xoves 20
20.00 h. Presentación do libro Elas e o paraugas totalizador (ed. Xerais de Galicia) de Helena González, profesora de Filoloxía Galega e investigadora do Centre Dona i Literatura (UB) . Participan Meri Torras, Grup Dones i Textualitat da Universitat Autònoma de Barcelona, Lluïsa Julià, secretaria da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana e Helena González.

Venres 21
20.00 h. Presentación do libro Kalendas (ed. Xerais de Galicia) de Xosé Lois García. Participan José Corredor Matheos, escritor e crítico de arte e Xosé Lois García.

Sábado 22
19.00 h. Presentación do libro Manuel Lugris Freire: A fe na causa (Baía Edicións) de Xosé Manuel Fernández Costas, con prefacio de Manuel Lugrís (neto). Participan Pura Salceda e Xosé Manuel Fernández Costas.

20.00 h. Presentación do Proxecto Século 21 (Editorial Galaxia, Ediciós do Castro e Edicións do Cumio). Participa Antón Mascato, director de Edicións do Cumio.

Domingo 23, Sant Jordi
Durante todo o día a librería Sargadelos permanecerá aberta e contará ademais cun stand de libros na Rambla de Cataluña á altura do Carrer de Provença. Entre outros asinarán exemplares: Xosé Manuel Fernández Costas (Manuel Lugris Freire: A fe na causa, Baía Edicións, de 11.00 a 12.00 horas) Alfredo Conde (Lukumi, ed. Galaxia, de 12.00 a 13.00 horas), Xosé Lois García (Tao Te King, ed. Toxosoutos; Kalendas, ed. Xerais, de 13.00 a 14.00 horas)...

I Cicle Galícia: ni rastre de dones?

La població de Galícia del segle XXI és formada per més d'un 54% de dones. Dones que estudien, treballen, pareixen, emigren... Des d'Espai Gallec dels Països Catalans creuen necessari fer arribar a la societat la visió de Galícia de totes aquestes dones, molts cops oblidades per la història, i sota el lema Galícia: Ni rastre de Dones? posen en marxa aquestes jornades per fer sentir la seva veu. Espai Gallec és coorganitzador d'aquest cicle amb el lectorat de gallec de la UAB, i compta amb el patrocini de la Fundación Sotelo Blanco per a l'exposició fotogràfica AreaFemia, a la Galería Sargadelos de BCN. Mes informació.

04 d’abril 2006

A historia do nacionalismo galego en Sargadelos

A fundación Galiza Sempre inaugura o 6 de abril ás 20.00 horas na galería Sargadelos (Provença, 274-276) de Barcelona a exposición Democracia e País. A aportación do nacionalismo galego, unha completa mostra que recolle a historia do nacionalismo galego, as súas grandes figuras, os fitos históricos, a literatura e a música, entre outros temas. No acto de presentación participarán Xabier Macías, director da Fundación Galiza Sempre, Pilar Dellunde, do Grup Parlamentari d`Esquerra Republicana de Catalunya, e Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación Galiza Sempre.

29 de març 2006

Anxo Quintana en Barcelona


Quintana destaca a importancia da interrelación entre o Goberno e os empresarios para facer país. O vicepresidente avogou en Barcelona por un Estatuto “para a nación, pero sobre todo para os cidadáns da nación”, feito aprendendo de todo o mundo pero “sen imitar a ninguén”.

Barcelona, 27 de marzo de 2006.- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, apostou hoxe en Barcelona pola interrelación e a colaboración entre o Goberno galego, as entidades financeiras e os empresarios e emprendedores para facer país. Así o dixo Quintana durante o xantar que hoxe celebrou na capital catalana cos membros da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (Aega-Cat), polos que foi convidado de honra no seu encontro mensual. Quintana amosouse neste encontro “especialmente orgulloso de ser galego” e recoñeceu a estes empresarios o feito de que “estamos a conseguir facer visible a Galicia en todo o mundo”.

22 de març 2006

Ceferino Díaz no Centro Galego

O deputado no parlamento español polo Partido Socialista de Galicia, nado en Escairón, falará a partires das 19h do sábado vindeiro sobre os novos estatutos de Galicia e Catalunya.
A cita é na Sala Ferrío do Centro Galego de Barcelona, Rambla Caputxins, 35.

19 de març 2006

IX Certame Literario de San Xurxo

O Centro Galego de Barcelona convoca o IX Certame Literario de San Xurxo, ao que se poden presentar poemas (máximo 60 versos) ou prosa (máximo 20 páxinas) en galego, castelán ou catalán. Pódese enviar as obras por correo ou entregalas na secretaría do Centro Galego de 16 a 22 horas, ata o 14 de abril. Os compoñentes e o fallo do xurado daranse a coñecer no transcurso dun acto lírico-musical que se celebrará o 23 do mesmo mes ás 18.30 h na entidade. Os mellores traballos premiaranse con 300 euros.

Penya Celtista Blau Cel


O Celta de Vigo xa conta cunha peña oficial de seguidores na cidade condal. Recentemente presentábase en sociedade a Penya Celtista Blau Cel de Barcelona, que ten a súa sede no Bar Restaurante Vía Galicia (Ronda Sant Antoni, 42). Unhas 50 persoas acudiron de forma organizada ao partido RCD Espanyol - RC Celta de Vigo, que se celebrou o pasado 11 de marzo no Estadio Olímpico Lluis Companys. As persoas interesadas en contactar con eles poden facelo a través do correo: pcblaucel@yahoo.es.

17 de març 2006

O Blog de ERGAC en Vieiros

A edición de Barcelona do xornal electrónico Vieiros detense no Blog de ERGAC, forma parte da pequena (polo momento) Blogalegoesfera en Catalunya. Por certo, este mes cumprimos os primeiros 6 meses de vida, medio ano!

A nova pode consultarse en: http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=14&id=48514

15 de març 2006

Contos de namorados

OS TROLEIROS DE PROVENÇA
(ciclo de narración oral)
CONTOS DE NAMORADOS

Mércores 15 de marzo ás 20:30 h.
Galería Sargadelos, Provença, 276, BCN

E nos próximos meses... abril: contos de traballos/ maio: contos das letras /xuño: contos máxicos /xullo: contos relativos.

Un xeito de retirar os símbolos feixistas da túa vila

Un novo Blog encamiñado recopilar os símbolos franquistas que aínda se atopan na paisaxe de Catalunya, de xeito que se poida solicitar ao actual goberno a súa RETIRADA INMEDIATA.
Como o Blog tamén está aberto a recepción de símbolos repartidos por todo o estado Español e coma ben seguro que todos tedes algún na testa que vistes en Galiza... daquela xa tedes un bo traballiño para as vacacións, retradades o símbolo, pendúrase no blog, envíase a ZP e... ¿retirada con talante?

Velaquí a ligazón: http://nomesgallines.blogspot.com

14 de març 2006

Lluis Llach en Ourense na festa da república

A asociación "Amigos da República de Ourense" ven de confirmar a presenza de Lluis Llach no conxunto de actividades a celebrar a partires do 14 de Abril co gallo dos 70 anos da Segunda República. Así o cantautor catalán súmase a moitos outros concertos, exposicións e conferencias que un ano máis chegarán a cidade das Burgas para lembrar os represaliados galegos na Guerra Civil e no Franquismo. Neste ano farase una homenaxe especial a Xulio Losada, coñecido Ourensán propietario do Café Miño, que axudou a refuxiados republicanos na Guerra Civil. Tamén se adicarán actos ao Padre Batista, párroco de Montealegre (Portugal) que agochou a moitos galegos que chegaron a Portugal fuxindo do terror imposto na nosa terra.

Amigos da República - Ourense: http://arou.galeon.com

02 de març 2006

Barnasants 2006: Miro Casabella


Barcelona. 13 de Marzo ás 22:00h.
Luz de Gas. Muntaner, 246

Barnasants, cun cartel de cincuenta concertos consolídase como o festival de inverno de Barcelona. A canción de autor galega chega da man de Miro Casabella. Emoción e compromiso social ao tempo. O seu último álbum, Orvallo (Picap, 2004).

21 de febrer 2006

J.Blanco e Artur Mas coinciden no Entroido

A Agrupación Cultural Saudade, presidida por Ernesto Lagarón, celebrou o pasado sábado en Barcelona a festa do Entroido, coa asistencia dunha nutrida representación institucional na que destacaban o galego José Blanco, secretario de Organización do PSOE, Artur Mas, presidente de CIU, e Joan Clos, alcalde de Barcelona. Segundo publicou La Voz de Galicia (20/02/2006 sección España) os dous dirixentes cataláns referíronse á achega dos galegos na construción da sociedade barcelonesa e, ademais, Mas e Blanco polemizaron medio en broma durante a súa intervención, un en catalán e outro en galego, sobre se aquela xuntanza era unha mostra da “Cataluña plural” ou da “España plural.

17 de febrer 2006

Sortim al carrer


Ergac, BNG e Espazos Galegos dos Països Catalans son algúns dos colectivos galegos que apoian a manifestación prevista para o sábado 18 de febreiro en Barcelona, baixo o lema "Som una nació i tenim el dret de decidir". A marcha partirá da Praza de Espanya ás 17.00 horas. Os galegos xuntaranse ás 16.45h na Torre da dereita do Paseo Maria Cristina, mirando cara a Montjüich.

14 de febrer 2006

Nova editorial de tradución ao Galego

Vén de constituírse Rinoceronte editorial que ten como obxectivo editorial traducir obras contemporáneas ao galego. O Galiza algo...máis entrevistará este sábado vindeiro 18 de febreiro ás 17h no 103.2 FM ao seu responsable, Moisés Barcia.

10 de febrer 2006

Xa está na rúa o AMP de febreiro

Xa está na rúa o número 70 do boletín A Micro Pechado (AMP), correspondente ao mes de febreiro. Nesta ocasión, a persoa entrevistada é Camilo Nogueira, membro do BNG, que nos fala sobre as reformas estatutarias de Galiza e Catalunya. Ademais, inclúense as seccións habituais de opinión “Tempus fugit” (María Barallobre), “Deitado frente ao mar” (Antón F. Escuredo) e “El racó d´en Tocaous” (Pau Navarra), sen esquecernos dos comentarios de fraseoloxía de Alberte Montes, coa súa columna “Como di miña nai”, e as reflexións de Paulo Jablonski (“Petiscos da raia”) e de Xoán’06 (“Historias de onte e hoxe”). Os apuntamentos de historia chegan da man de Cristina Crespo, que fala dos aparellos que se usaban en Galiza antes da aparición da luz eléctrica, e Martí Aviñoá analiza nesta ocasión a lei antitabaco. Como sempre, temos unha nova entrega dos contos de Lito Caramés, unha completa axenda das actividades do vindeiro mes, toda a actualidade da comunidade galega en Catalunya e algunha que outra sorpresiña de Entroido. Lembrámoslles que poden recibir na súa casa o AMP, previo pago dunha cota anual simbólica de 20€. Tamén poden consultar en liña os números atrasados en formato PDF.

07 de febrer 2006

Contos do Entroido en Sargadelos


O grupo Furafollas séguenos agasallando co luxo de ver teatro galego en Barcelona, e de balde. O ciclo de narración oral “Os Troleiros da Provença” continúa na Galería Sargadelos (Rúa Provenza, 276) e este mes tócalle o turno aos Contos do Entroido. O 15 de febreiro, ás 20:30 horas.

Febreiro farturento

Semella que febreiro se presta aos actos sociais porque neste mes teñen lugar varias celebracións da comunidade galega en Cataluña. Por unha banda, o 4 de febreiro, o Foro da Terra Galega homenaxeou no Hotel Princesa Sofía o “Galego do ano”, galardón que nesta ocasión recibiu Julio Fernández, o presidente de Filmax. Se queren saber máis desta celebración, poden consultar a revista “Raíces Gallegas”, que fala nesta reportaxe en pdf do Foro da Terra e de anteriores persoeiros homenaxeados.
Outra cita “selecta” que xa vai pola súa vixésimo cuarta edición é a Gran Noite de Galicia en Barcelona, unha cea-gala organizada pola Enxebre Xuntanza do Percebe, o 24 de febreiro no Hotel Rey Juan Carlos I. Como cada ano, a organización editou para o evento a revista Quien e prepara a entrega das insignias Percebe de Ouro e de Prata.
Por último, hai que apuntar que xa en marzo, o día 5, terá lugar o VI Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña, organizado pola Federación de Entidades Galegas de Catalunya. Poden descargar na rede as bases e a folla de inscrición.

05 de febrer 2006

Galiza Nova entrevistada no Galiza algo máis


O vindeiro sábado 11 de Febreiro de 2006 o programa Galiza algo máis (Sábados de 17 a 18 h no 103.2 FM) entrevistará en directo a algún dos representantes de Galiza Nova, entidade política da mocidade vencellada ao BNG, que vén de constituírse en asemblea local en Barcelona. Como sempre a realidade social dos galegos/as en Cataluña no programa galego dos sábados: Galiza algo máis.

30 de gener 2006

Breves

-O director do coro Lonxe da Terra, César del Caño, manterase no seu posto, tras acordalo a asemblea xeral do Centro Galego de Barcelona o 28 de xaneiro. O compositor presentara días antes a súa demisión pola falta de entendemento con algúns socios do Centro Galego de Barcelona, entidade á que pertence a agrupación coral.

- Constituíse en Barcelona unha asemblea local de Galiza Nova, a formación xuvenil do BNG. O colectivo ten como retos achegarse aos mozos galegos que viven en Cataluña e integrarse en distintas iniciativas como a voz da mocidade nacionalista emigrada.

-O concello de Sant Andreu de la Barca (BCN), onde xa hai un parque dedicado a Rosalía de Castro, vai dedicar outro dos seus parques a Castelao. Nas obras de construcción e deseño colaborará a Consellería de Cultura da Xunta. Este achegamento de Sant Andreu á cultura galega é propiciado polo escritor galego Xosé Lois García, director do Arquivo Histórico Municipal de Sant Andreu. Máis información.

27 de gener 2006

Contáronse os "contos do Frío"

O pasado mércores 25 de xaneiro ás 20.30 a agrupación teatral Furafollas representou a terceira entrega dos seus contos. Despois dos de Mortos, en novembro, os de Nadal, en decembro, chegaron os do Frío. Volveuse a encher a Galería Sargadelos neste encontro da Cultura Galega en Barcelona que vai camiño de converterse nun espazo cultural consolidado. No mes de Febreiro máis, neste caso serán, como non, os Contos do Entroido.

25 de gener 2006

Windows XP en Galego

Cunha descarga de 5 Mb podes traducir o teu sistema operativo Windows XP ao galego. Só tes que premer aquí.

Pero, aínda hai máis, a Comisión Europea ven de anunciar a sanción imposta a Microsoft por "abuso de posición dominante" pola que se lle obriga a publicar o código fonte do Windows. Isto non quere dicir que o Windows vaia ser de balde, pero fará que Microsoft teña que revelar moitos dos seus segredos mellor gardados. Un paso máis na loita contra as patentes de software.

19 de gener 2006

Contos do Frío. Mércores 25 ás 20h.

A agrupación teatral FURAFOLLAS volve cunha nova entrega de contos, neste caso serán os CONTOS DO FRÍO. Na Galeria Sargadelos de Barcelona (Rúa Provença 276, 08008. Tlf./Fax: 93 2150368). Non faltedes á cita.

16 de gener 2006

Galicia máis preto


O deputado do BNG no congreso, Francisco Rodríguez, anunciou que pedirá ao goberno do estado unha reducción de dúas horas na duración do traxecto entre Barcelona- Vigo/Coruña. O deputado ferrolán, que falou en rolda de presa o pasado venres 13 de xaneiro en Santiago, tamén dixo que solicitará a sustitución do tren diurno por un tren talgo o outro tren de prestacións semellantes, como os empregados no resto do estado. A petición do BNG da conta dos moitos problemas que hai na actualidade coa conexión por tren entre Galicia e Catalunya, sen ir máis lonxe, os acontecidos este nadal.

15 de gener 2006

Fraga en TV3

O programa La nit al dia, dirixido e presentado por Mónica Terribas en TV3, emitirá o luns 16 unha entrevista co ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, gravada desde a Coruña.

Óbito

Faleceu o cura que oficiaba as misas en galego en Barcelona, Jacinto Fernández Cueto, natural da zona do Barco de Valdeorras. Fernández Cueto, que tamén exerceu de mestre, oficiou moitas das misas de campaña que organizaban as entidades galegas en Cataluña e era unha persoa coñecida e querida pola comunidade de galegos. Ademais, tiña colaborado no programa de radio “Morriña”, dirixido por Manolo Piñeiro. O noso máis sentido pésame aos familiares e amigos.