30 de maig 2006

Gran Encontro de "Gallegos del Mundo"

Os días 9, 10 e 11 de xuño vaise celebrar no recinto do Fórum novamente o rechamente Gran Encontro de "Gallegos del Mundo". Pódese consultar toda a programación na web http://www.granencontro.com/ga/. Polo que puidemos ver non haberá grandes diferenzas en comparanza co ano pasado.

26 de maig 2006

Ramón Villares no Centro Galego

O recentemente elixido presidente do Consello da Cultura Galega e Catedrático de Historia da USC Ramón Villares estará o sábado 27 ás 19h no Centro Galego de Barcelona para dar a conferencia: “As Letras Galegas: Lugrís Freire”

19 de maig 2006

Celebración das Letras Galegas na UAB

Programa de actividades no Día das Letras Galegas 2006 na Universitat Autònoma de Barcelona

Luns 22 de maio
12:00h. Conferencia "A figura de Lugrís Freire e as letras galegas", a cargo do investigador Xabier Campos Villar.

13:00h. Acto de entrega dos premios literarios Riscos. Presentación da vindeira convocatoria do certame literario, en colaboración co Espazo Galego dos Països Catalans. Aperitivo. Na sala de Graus da Facultat de Lletres

15:00h. Comentario da obra de Lugrís Freire. Debate aberto sobre o contexto actual da literatura galega, coa presenza do Prof. Xabier Campos Villar. Aula 602 da Facultat de Lletres.

15 de maig 2006

Comunicado público do Coro Lonxe da Terra


Ante a dimisión definitiva e irrevocable do director do coro Lonxe da Terra, do Centro Galego de Barcelona (CGB), os integrantes do coro manifestan públicamente a solidariedade co seu director, e queren pór en coñecemento da opinión pública as causas xerais que provocaron a situación actual:

1º.- Dende hai máis de un ano, o director do coro vén padecendo toda clase de ataques, intrigas, e artificios subrepticios, baseados unicamente en falsedades sen escrúpulos, coa finalidade de desacreditar o seu labor profesional. Esta actitude, debida básicamente a xenreiras persoais e a un excesivo orgullo por parte de determinadas socias do CGB, desencadeou unha auténtica caza de bruxas, creando unha atmosfera irrespirable que imposibilita o normal desenvolvemento da actividade cotián do coro.

2º.- Como resultado da última Asemblea Xeral Ordinaria, a solvencia profesional do director do coro, e a calidade e proxección que logrou imprimirlle ó grupo, foi de sobra demostrada e recoñecida por tódolos asistentes, quedando as dúas causantes iniciais do problema (ex-Presidenta e mais ex-Vicepresidenta do CGB) relegadas a unha situación de auténtica vergoña pública, mesmo ós ollos de moitos dos socios que foran por elas convocados coa fin de secundar a súa campaña de difamación.

3º.- A pesar do anterior, os actos de boicot continuaron, chegando a ex-Vicepresidenta mesmo ó extremo de secuestrar o arquivo de partituras do coro.

4º.- Na devandita Asemblea Xeral tomáronse unha serie de acordos que afectaban directamente a actividade do coro e á relación do seu director co Centro Galego. Parte destes acordos foron posteriormente incumplidos polo actual presidente do Centro, quen no seu xeito de manexar a situación, demostrou unha absoluta falla de tacto e estilo.
Cando se lle pediron explicacións ó respecto, manifestou diante de tódolos membros do coro que a súa decisión debíase ás “fortes presións que está a recibir”, sen que especificase a orixe de tales presións.

En base a todo o anteriormente esposto, e debido á ambigüidade e pouca transparencia no que se refire ó comportamento xeral do Presidente do CGB, así como á súa incapacidade pra pór fin ás manipulacións e boicots exercidos por socios con excesivo poder dentro da entidade, os abaixo firmantes membros do coro Lonxe da Terra, manifestan por unanimidade a súa intención de disolver o grupo, e abandonar toda colaboración co CGB, mentres a actual xunta directiva continúe á súa fronte.

E para que así conste, asinan o presente manifesto, en Barcelona, a 25 de abril de 2006.

12 de maig 2006

Barcelona. Letras Galegas 2006 en Sargadelos

Galería Sargadelos - Rúa Provença 274 08008 Barcelona
17 mércores/dimecres ás 20.00 h. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
APERTURA DA EXPOSICIÓN/OBERTURA DE L'EXPOSICIÓ "Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra"
17 mércores/dimecres 20.30 h.
FURAFOLLAS. CONTOS DAS
LETRAS/CONTES DE LLETRES '17 de Maio Día das Letras Galegas' en desigual loita contra '17 de Maio Día de Fútbol' Quen gañará?
18 xoves/dijous ás 20.00 h.
APERTURA DA EXPOSICIÓN/OBERTURA DE L'EXPOSICIÓ"Pinturas de Siro López. Homenaxe a Picasso". Na inuaguración acompañará ó artista o catedrático de Filoloxía Galega da UB/en la inauguració acompanyarà a l`artista el catedràtic de filologia de la UB: Basilio Losada
19 venres/divendres ás 20.00 h.
APERTURA DA EXPOSICIÓN/OBERTURA DE L'EXPOSICIÓ
"Alberto Andrés. Si les parets parlessin. Ceràmica"

06 de maig 2006

Olga Novo, poeta e crítica literaria, na UB

Conferencia de Olga Novo "Mitos, mulleres e pracer".
Olga Novo (Pobra do Brollón, 1975), poeta e crítica literaria, é profesora de galego na Université de Rennes. A súa é unha das voces máis orixinais e sólidas da nova escrita de mulleres e da súa xeración. Da súa obra cómpre salientar Nós nus (1997), A cousa vermella (2004) e o ensaio Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005).

Luns 15 de maio de 2006, de 18.30 h. a 20 h.Edifici Josep Carner, Aula 2.1Aribau, 2 - 08007 Barcelona. Organizan: Filologies Gallega i Portuguesa, Centre Dona i Literatura. Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia e Espazo Galego dos Países Cataláns.