18 de juliol 2006

25 de Xullo 2006. Día de Galiza en Catalunya.


Por segundo ano consecutivo a Generalitat de Catalunya celebrará con rango institucional o Día de Galicia -“La Diada de Galícia”-. O acto terá lugar o vindeiro martes 25 de xullo de 2006 no Palau Robert de Barcelona ás 19.30h (Paseo de Gracia 107) e contará coa presenza por parte do goberno catalán do Conseller de Relacions Institucionals i Participació, Hrble. Joan Saura. Espérase a confirmación de representantes do goberno galego así como tamén a presenza de representantes das entidades galegas en Cataluña.

O Foro Cívico Galego de Barcelona (FCGB), entidade organizadora do acto, fará unha lectura pública do "Alba de Groria" de Alfonso D. R. Castelao e tamén presentará o monográfico do caderno de pensamento cívico do número 2 da revista reNOVA GALIza, que leva o títuo: “A Galiza global: as galegas e galegos no mundo (I)”, que reflexiona, cuantifica e contextualiza a emigración galega no ámbito planetario contemporáneo na intención de encetar un novo camiño de acción na Galiza Global cara á divulgación e consolidación nela das formas e os contidos da identidade galega construída dentro e fóra dos lindeiros da Galiza histórica. A Galiza Global en proceso de rexeneración e reconstrución polo vieiros da galeguidade, un reto contemporáneo.