30 de desembre 2006

ERGAC no palco do Galiza Ecuador


A estas alturas ben seguro que xa coñecen o acontecido no partido entre Galiza e Ecuador . Noraboa para a nosa selección que demostrou carraxe e calidade para remontar diante dunha mundialista á que, por certo, dominou durante boa parte do encontro. O que descoñecen os lectores do noso blog é que ERGAC tiña a un dos seus correspondentes no palco. Si, no palco xunto a Quintana, Villarino e o mesmísimo presidente Touriño. Enriba á dereita o que fala polo móbil é un dos nosos correspondentes en Galiza que achegaba dende o mesmísimo palco de autoridades o que estaba a acontecer en Riazor. Xa se sabe que ERGAC ten a teima de estar e informar dende o miolo onde se produce a noticia. Un saúdo dende o noso Web-Blog ao máis eficaz dos nosos correspondentes. Ah, e non rematar sen dicir: ¿para cando Galiza no mundial? ¿ Unha utopía ? Se cadra, pero non un imposible.