18 de setembre 2006

Volve o San Froilán a Nou Barris

Un ano máis, o barrio barcelonés de Nou Barris reproduce á súa maneira as populares festas de San Froilán, os festexos máis importantes de Lugo, nos que se honra ao patrón da cidade con espectáculos, polbo á feira, competicións deportivas e atraccións de feira á antiga usanza. En Barcelona, os actos terán lugar na Praza Maior do Distrito (Doctor Pi i Molist, 133), a fin de semana do 6 ao 8 de outubro, organizados pola asociación Amigos de San Froilán. A verbena e as actuacións de grupos de música tradicional dominarán un programa de festas sen moitas sorpresas, no que destaca o acto de izada de la bandera galega na sede do districto, co acompañamento dos inmnos galego e catalán a cargo da banda de gaitas Rosalía de Castro de Cornellà. Consulta o programa.

4 comentaris:

Anònim ha dit...

E o cartel nin en galego nin en catalán, qué está feito para que vaian a festa os andaluces?

Dende logo vaia xeito de amosar galeguidade en Catalunya...os cataláns pensarán que Lugo pertence a Castela e Leon.

Galego-Cataláns para exercer de galegos deste xeito mellor que estedes caladiños!!!

Anònim ha dit...

Que saiba este anonimo que nos no facemos a festa do San Froilán en Barcelona, simplemnete dámos conta do que se fai na realidade galega en Catalunya, todo e que moitas veces esta realidade non cumpra cos parámetros que nós pensamos como axeitados. ERGAC fai toda a súa publicidade pública en galego e en catalán.

Anònim ha dit...

SAN FROILÁN EN BARCELONA, LA MEJOR FIESTA DE BARCELONA YA QUE ESTA ABIERTA A TODOS LOS PÚBLICOS, ANDALUCES, CASTELLANOS, CATALANES...
SE TRATA DE DAR A CONOCER LA CULTURA GALLEGA EN CATALUÑA, EN CATALAN? EN GALLEGO? COMO TODOS NOS ENTENDEMOS, EN CASTELLANO.

Anònim ha dit...

Ben, pois un visitante quedará coa idea de Galiza vencellada a pulpo, castelán, gaitas, orquestras, comida...

¿non hai máis? literatura galega, teatro galego...