15 de maig 2006

Comunicado público do Coro Lonxe da Terra


Ante a dimisión definitiva e irrevocable do director do coro Lonxe da Terra, do Centro Galego de Barcelona (CGB), os integrantes do coro manifestan públicamente a solidariedade co seu director, e queren pór en coñecemento da opinión pública as causas xerais que provocaron a situación actual:

1º.- Dende hai máis de un ano, o director do coro vén padecendo toda clase de ataques, intrigas, e artificios subrepticios, baseados unicamente en falsedades sen escrúpulos, coa finalidade de desacreditar o seu labor profesional. Esta actitude, debida básicamente a xenreiras persoais e a un excesivo orgullo por parte de determinadas socias do CGB, desencadeou unha auténtica caza de bruxas, creando unha atmosfera irrespirable que imposibilita o normal desenvolvemento da actividade cotián do coro.

2º.- Como resultado da última Asemblea Xeral Ordinaria, a solvencia profesional do director do coro, e a calidade e proxección que logrou imprimirlle ó grupo, foi de sobra demostrada e recoñecida por tódolos asistentes, quedando as dúas causantes iniciais do problema (ex-Presidenta e mais ex-Vicepresidenta do CGB) relegadas a unha situación de auténtica vergoña pública, mesmo ós ollos de moitos dos socios que foran por elas convocados coa fin de secundar a súa campaña de difamación.

3º.- A pesar do anterior, os actos de boicot continuaron, chegando a ex-Vicepresidenta mesmo ó extremo de secuestrar o arquivo de partituras do coro.

4º.- Na devandita Asemblea Xeral tomáronse unha serie de acordos que afectaban directamente a actividade do coro e á relación do seu director co Centro Galego. Parte destes acordos foron posteriormente incumplidos polo actual presidente do Centro, quen no seu xeito de manexar a situación, demostrou unha absoluta falla de tacto e estilo.
Cando se lle pediron explicacións ó respecto, manifestou diante de tódolos membros do coro que a súa decisión debíase ás “fortes presións que está a recibir”, sen que especificase a orixe de tales presións.

En base a todo o anteriormente esposto, e debido á ambigüidade e pouca transparencia no que se refire ó comportamento xeral do Presidente do CGB, así como á súa incapacidade pra pór fin ás manipulacións e boicots exercidos por socios con excesivo poder dentro da entidade, os abaixo firmantes membros do coro Lonxe da Terra, manifestan por unanimidade a súa intención de disolver o grupo, e abandonar toda colaboración co CGB, mentres a actual xunta directiva continúe á súa fronte.

E para que así conste, asinan o presente manifesto, en Barcelona, a 25 de abril de 2006.

2 comentaris:

Anònim ha dit...

E ninguén falou de demisión?

Anònim ha dit...

Loitade polo que é voso!!!