21 de setembre 2006

Espazo Galego na Merce 2006




O Espazo Galego participa este ano nas festas de Mercè dentro da campaña de 'Acollida Lingüística', promovida e organizada pola Plataforma per Llengua e unha quincena de asociacións. As carpas das entidades, así como os actos terán lugar na praza de Sant Agustí de Barcelona e na parroquia do mesmo nome, o Domingo 24 a partires das 16:00 do serán (Metro Liceo, L3 e Catalunya, L2-L3). Contamos coa vosa presenza.

18 de setembre 2006

Volve o San Froilán a Nou Barris

Un ano máis, o barrio barcelonés de Nou Barris reproduce á súa maneira as populares festas de San Froilán, os festexos máis importantes de Lugo, nos que se honra ao patrón da cidade con espectáculos, polbo á feira, competicións deportivas e atraccións de feira á antiga usanza. En Barcelona, os actos terán lugar na Praza Maior do Distrito (Doctor Pi i Molist, 133), a fin de semana do 6 ao 8 de outubro, organizados pola asociación Amigos de San Froilán. A verbena e as actuacións de grupos de música tradicional dominarán un programa de festas sen moitas sorpresas, no que destaca o acto de izada de la bandera galega na sede do districto, co acompañamento dos inmnos galego e catalán a cargo da banda de gaitas Rosalía de Castro de Cornellà. Consulta o programa.

Lamatumbá nas festas da Mercè


A verbena galega do século XXI chega a Barcelona da man do grupo Lamatumba ( "Licor Café" e "Dolores" xa son temas emblemáticos), que actúa na Plaça de Sant Jaume o venres 22 de setembro. O concerto está enmarcado no Mercèfolk e arrincará ás 23.30, con entrada libre. O grupo galego comparte escenario coa banda Dumbalá Canalla.

XXII Cursos de lingua e cultura galegas na UB

Cursos oficiais da Xunta de Galicia destinados ás persoas maiores de 17 anos que queiran iniciarse ou afondar no estudo na lingua e da cultura galegas, sexan ou non estudantes da Universitat de Barcelona. De aprobar o curso, o alumnado acadará un diploma oficial por 75 horas e créditos de libre configuración. A matrícula é gratuíta. Pódese facer a inscrición do 25 de setembro ao 11 de outubro. Lugar: Filoloxías Galega e Portuguesa. Edificio Josep Carner. Sala 5.23, Facultat de Filologia - Universitat de Barcelona. C/ Aribau, 2- 08007 Barcelona.
Máis información.

06 de setembre 2006

A revista reNOVA GALIza preséntase na Diada de Catalunya

O número 2 da revista reNOVA GALIza editada polo FORO CÍVICO GALEGO DE BARCELONA será presentada o 11 de setembro, Diada de Catalunya, no marco da V Mostra d'Entitats que organiza co gallo da Diada de Catalunya o colectivo Gent de la Terra.
A presentación terá lugar na carpa central da Mostra ás 15:30h.

PRESENTACIÓ DE LLIBRES-REVISTES
15.30h – Fòrum cívic Galego de Barcelona:
presentació de la revista Renova Galiza 2