pode ver as fotos da Cea de Gala no web do Encontro: http://www.netshooting.com/gala
E tampouco debería de perderse esta crónica:
http://www.galiciaconfidencial.com/archives/2006/06/o_encontro_folc.html#more
- O evento estivo presentado por Silvia Jato, que falou en español en todo momento, ó igual que fixo Julio Fernández, que preferiu utilizar o catalán na clausura. A presentadora luguesa acercouse a mesa onde estaba o presidente da Xunta e a súa dona, Ester Cid, cando ésta comezou a falar en galego, a presentadora invitouna a utilizar o español.
- O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, non estivo nada cómodo durante a presentación da 'Alianza' polo protagonismo que tivo Caixa Galicia, a pesar de que a participación das caixas era a partes iguais. O seu enfado foi en aumento cando Silvia Jato non o recoñeceu durante a presentación.
- Non foron poucos os empresarios e políticos que marcharon cunha mala impresión do evento, principalmente, porque comprobaron que había algúns que estaban nel co fin de aproveitarse das circunstancias.
- Impresionou o discurso do ex presidente da Generalitat, Jordi Pujol. "Foi o único que dixo algo con xeito, que loubou a capacidade empresarial dos galegos, a súa carraxe, o seu traballo", sinalan ó loubar o seu discurso "nada victimista" e "tremendamente positivo e cargado de futuro".
1 comentari:
Gran Trangallada, si!!
Se isto mo venden coma unha festa de Hollywood, pois... aínda me tería graza (a lóxica deste tipo de evento -entre pouca e ningunha-); pero que mo vendan como unha Gran Festa da Galeguidade... por aí non paso!!
O que máis me amola é que isto se fixese con cartos públicos, próeme o feito de que se paguen merendolas en nome de Galiza, e fóra dela... que nin gastan os cartos dos cafés na Terra!!
E os políticos... para sair na foto. Así se arranxan os verdadeiros problemas do país?
Se isto é ser galego... por favor, déanme de baixa.
Publica un comentari a l'entrada