
A selección galega de fútbol impúxose, con menos problemas do esperado, á dúas veces campiona do mundo Uruguai. Galiza foi en todo momento dona do partido e creou moitas oportunidades de gol. Só a relaxación dos galegos nos derradeiros dez minutos permitiulle a Uruguai maquillar o resultado. Este é, sen dúbida, un comezo esperanzador para o fútbol galego. Este país quería e era capaz de máis, e hoxe demostrouse en San Lázaro. O programa de radio
Galiza ...algo máis ofrecerá o vindeiro
sábado 7 de xaneiro unha reportaxe completa con protagonistas do partido da man dos nosos correspondentes desprazados ao campo do Compostela, Pablo Aguiar e Diego Fernández. Lembrade:
sábado 7 de xaneiro ás 17h no 103.2 da FM de Barcelona.
1 comentari:
"Fraga cabrón, xa temos selección"
Publica un comentari a l'entrada