14 de novembre 2016

Os últimos números do A Micro Pechado nunha soa publicación

A Micro Pechado é unha publicación editada por Ergac desde o ano 2000. Aquí podes ver unha compilación dos cinco números (125-130) publicados no período 2014-2016.

'Galiza... algo máis', o programa galego de Barcelona


O equipo do programa radiofónico ‘Galiza algo máis’ dá conta cada semana da actualidade galega, en directo den ­ de Barcelona. Martí Aviñoá, Suso Mon, Toni Cotado e Belén Real convídanvos a seguilos cada sábado, de 17.00 a 18.00 h, en Sants 3 Ràdio: www.sants3radio.cat.

10 de gener 2007

Mudámonos...

XA NON SE REXISTRAN NOVAS ACTUALIZADAS

Por mor presentación da nova web de ERGaC, o noso blog mudouse. Agora aparece pendurado directamente da web:


http://www.ergac.org/blog/blog

Moitas grazas por seguirnos. Continuamos informando no novo espazo.

30 de desembre 2006

ERGAC no palco do Galiza Ecuador


A estas alturas ben seguro que xa coñecen o acontecido no partido entre Galiza e Ecuador . Noraboa para a nosa selección que demostrou carraxe e calidade para remontar diante dunha mundialista á que, por certo, dominou durante boa parte do encontro. O que descoñecen os lectores do noso blog é que ERGAC tiña a un dos seus correspondentes no palco. Si, no palco xunto a Quintana, Villarino e o mesmísimo presidente Touriño. Enriba á dereita o que fala polo móbil é un dos nosos correspondentes en Galiza que achegaba dende o mesmísimo palco de autoridades o que estaba a acontecer en Riazor. Xa se sabe que ERGAC ten a teima de estar e informar dende o miolo onde se produce a noticia. Un saúdo dende o noso Web-Blog ao máis eficaz dos nosos correspondentes. Ah, e non rematar sen dicir: ¿para cando Galiza no mundial? ¿ Unha utopía ? Se cadra, pero non un imposible.