20 de novembre 2006

Unha de romanas

E cando chegaron as potentes centurias romanas para conquistar Gallaecia, os valentes galaicos, protexidos nos seus castros, dixeron:"¡ben ho! ¡pois xa que estades aquí, ímoslle tomar algo!!". En pouco tempo as centurias romanas quedaron conquistadas e empezou a decadencia do Imperio Romano. Chegaron a Gallaecia berrando: "Ave Caesar, morituri te salutant" e aos tres meses xa ían por: "A ver carallo, pon máis viño!".
Ven coñecer a verdadeira historia da romanización galega a cargo de Furafollas. Día 22 de novembro ás 20:30h. na galería Sargadelos (Provença, 276) de Barcelona.

Pop galego en BCN

Festival itinerante Ernie 06
NIÑO Y PISTOLA (folk pop / Galícia) + JUGOPLASTIKA (rock / Madrid) + IGLOO (pop / Galícia). Divendres 24, sala Sidecar ( Plaça Reial, Barcelona), 21.30 h. 8€ .

15 de novembre 2006

Irene Simón no Café-Bar "La Cotxera"


Dentro d ciclo de monólogos, maxia, música e contacontos en directo que organiza o Café-Bar La Cotxera, este xoves a partires das 20h poderemos ver a Irene Simón, presentando "Reencontro (1ª Parte)".

Para chegar: 2 minutos a pé dende a parada de Virrei Amat da L5.
Rúa Costa i Cuxart 31 de Barcelona (Telf. 93 352 2502).


08 de novembre 2006

Loretta Martin en Bellaterra


Durante a Festa Major 2006 da Universitat Autònoma de Barcelona, o xoves 9 de novembro, vai actuar o grupo galego Loretta Martin, compartindo escenario co grupo occitano Mirabèl e a formación vasca Txalambé. Será na Plaça Cívica da UAB (Bellaterra), na seguinte orde:
12.00 h. MIRABÈL
13.45 h. LORETTA MARTIN
15.30 h. TXALAMBÉ

05 de novembre 2006

Novidade editorial

Presentación do libro O estado e a política en tempos de globalización de Carlos Sixirei Paredes e Juan Rial Roade, ás 19:30 horas no Convent de Sant Agustí (R/ Comercio, 36). O 17 de novembro.

03 de novembre 2006

Volve o magosto a Les Planes

O magosto de Les Planes vai camiño de converterse nun clásico da axenda de festas populares galegas en Barcelona. Este evento convocou na edición pasada a unhas 200 persoas, e este ano repiten lugar de celebración, o Merendeiro Font de les Planes. A cita será o 11 de novembro a partires das 13.00 h. Haberá churrasco, castañas, viño e queimada, con conxuro incluído. Asistencia previa inscrición.
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO