16 de gener 2006
Galicia máis preto
O deputado do BNG no congreso, Francisco Rodríguez, anunciou que pedirá ao goberno do estado unha reducción de dúas horas na duración do traxecto entre Barcelona- Vigo/Coruña. O deputado ferrolán, que falou en rolda de presa o pasado venres 13 de xaneiro en Santiago, tamén dixo que solicitará a sustitución do tren diurno por un tren talgo o outro tren de prestacións semellantes, como os empregados no resto do estado. A petición do BNG da conta dos moitos problemas que hai na actualidade coa conexión por tren entre Galicia e Catalunya, sen ir máis lonxe, os acontecidos este nadal.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)
1 comentari:
Xa era hora. A verdade é que isto non debería preocupar só ao goberno galego senón ao catalán, dado que en moitos casos trátase de cidadáns catalans.
Publica un comentari a l'entrada