29 de març 2006

Anxo Quintana en Barcelona


Quintana destaca a importancia da interrelación entre o Goberno e os empresarios para facer país. O vicepresidente avogou en Barcelona por un Estatuto “para a nación, pero sobre todo para os cidadáns da nación”, feito aprendendo de todo o mundo pero “sen imitar a ninguén”.

Barcelona, 27 de marzo de 2006.- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, apostou hoxe en Barcelona pola interrelación e a colaboración entre o Goberno galego, as entidades financeiras e os empresarios e emprendedores para facer país. Así o dixo Quintana durante o xantar que hoxe celebrou na capital catalana cos membros da Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (Aega-Cat), polos que foi convidado de honra no seu encontro mensual. Quintana amosouse neste encontro “especialmente orgulloso de ser galego” e recoñeceu a estes empresarios o feito de que “estamos a conseguir facer visible a Galicia en todo o mundo”.

22 de març 2006

Ceferino Díaz no Centro Galego

O deputado no parlamento español polo Partido Socialista de Galicia, nado en Escairón, falará a partires das 19h do sábado vindeiro sobre os novos estatutos de Galicia e Catalunya.
A cita é na Sala Ferrío do Centro Galego de Barcelona, Rambla Caputxins, 35.

19 de març 2006

IX Certame Literario de San Xurxo

O Centro Galego de Barcelona convoca o IX Certame Literario de San Xurxo, ao que se poden presentar poemas (máximo 60 versos) ou prosa (máximo 20 páxinas) en galego, castelán ou catalán. Pódese enviar as obras por correo ou entregalas na secretaría do Centro Galego de 16 a 22 horas, ata o 14 de abril. Os compoñentes e o fallo do xurado daranse a coñecer no transcurso dun acto lírico-musical que se celebrará o 23 do mesmo mes ás 18.30 h na entidade. Os mellores traballos premiaranse con 300 euros.

Penya Celtista Blau Cel


O Celta de Vigo xa conta cunha peña oficial de seguidores na cidade condal. Recentemente presentábase en sociedade a Penya Celtista Blau Cel de Barcelona, que ten a súa sede no Bar Restaurante Vía Galicia (Ronda Sant Antoni, 42). Unhas 50 persoas acudiron de forma organizada ao partido RCD Espanyol - RC Celta de Vigo, que se celebrou o pasado 11 de marzo no Estadio Olímpico Lluis Companys. As persoas interesadas en contactar con eles poden facelo a través do correo: pcblaucel@yahoo.es.

17 de març 2006

O Blog de ERGAC en Vieiros

A edición de Barcelona do xornal electrónico Vieiros detense no Blog de ERGAC, forma parte da pequena (polo momento) Blogalegoesfera en Catalunya. Por certo, este mes cumprimos os primeiros 6 meses de vida, medio ano!

A nova pode consultarse en: http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=14&id=48514

15 de març 2006

Contos de namorados

OS TROLEIROS DE PROVENÇA
(ciclo de narración oral)
CONTOS DE NAMORADOS

Mércores 15 de marzo ás 20:30 h.
Galería Sargadelos, Provença, 276, BCN

E nos próximos meses... abril: contos de traballos/ maio: contos das letras /xuño: contos máxicos /xullo: contos relativos.

Un xeito de retirar os símbolos feixistas da túa vila

Un novo Blog encamiñado recopilar os símbolos franquistas que aínda se atopan na paisaxe de Catalunya, de xeito que se poida solicitar ao actual goberno a súa RETIRADA INMEDIATA.
Como o Blog tamén está aberto a recepción de símbolos repartidos por todo o estado Español e coma ben seguro que todos tedes algún na testa que vistes en Galiza... daquela xa tedes un bo traballiño para as vacacións, retradades o símbolo, pendúrase no blog, envíase a ZP e... ¿retirada con talante?

Velaquí a ligazón: http://nomesgallines.blogspot.com

14 de març 2006

Lluis Llach en Ourense na festa da república

A asociación "Amigos da República de Ourense" ven de confirmar a presenza de Lluis Llach no conxunto de actividades a celebrar a partires do 14 de Abril co gallo dos 70 anos da Segunda República. Así o cantautor catalán súmase a moitos outros concertos, exposicións e conferencias que un ano máis chegarán a cidade das Burgas para lembrar os represaliados galegos na Guerra Civil e no Franquismo. Neste ano farase una homenaxe especial a Xulio Losada, coñecido Ourensán propietario do Café Miño, que axudou a refuxiados republicanos na Guerra Civil. Tamén se adicarán actos ao Padre Batista, párroco de Montealegre (Portugal) que agochou a moitos galegos que chegaron a Portugal fuxindo do terror imposto na nosa terra.

Amigos da República - Ourense: http://arou.galeon.com

02 de març 2006

Barnasants 2006: Miro Casabella


Barcelona. 13 de Marzo ás 22:00h.
Luz de Gas. Muntaner, 246

Barnasants, cun cartel de cincuenta concertos consolídase como o festival de inverno de Barcelona. A canción de autor galega chega da man de Miro Casabella. Emoción e compromiso social ao tempo. O seu último álbum, Orvallo (Picap, 2004).