28 de novembre 2006

Trobada a Compostela

Un grupo de persoas achegadas á cultura catalá e asentadas en Galicia veñen de convocar unha “trobada” de xente en Santiago de Compostela, coa idea de “unir forzas, inquedanzas e recursos”, para ver se é posible organizar en Galiza unha axenda cultural catalá, do mesmo xeito que existen en Cataluña numerosas actividades relacionadas coa lingua e a coa cultura galegas.
Esta é a convocatoria:

Es dos Países Cataláns e vives en Galiza?
Es galego e viviches nos Países Cataláns?
Es galego e queres coñecer os Países Cataláns aínda que nunca viviches alí?
Non es nin galego nin catalán, vives en Galiza, e interésanche os Países Cataláns?

Un grupo de persoas que respondemos afirmativamente a algunha destas preguntas queremos organizar un encontro para coñecernos, falar un pouco e ver se podemos tirar algunha idea engaiolante. Non se trata de constituírmonos en ningunha asociación (ves per què no...), nin de de facer pa-amb-tomàquets mensuais (com que no?), senón máis ben de unir forzas, inquedanzas e recursos, cadaquén o que teña ou queira, para ver se podemos facer en Galiza algunha cousa semellante ao que xa hai ben tempo que se fai nos Países Cataláns, onde é habitual atopar na axenda cultural actos relacionados coa lingua e mais coa cultura galegas.
Non partimos de ningunha proposta concreta, nin dun grupo de xente determinado. Só queremos ver qué se nos ocorre e qué posibilidades temos de levalo a bo porto.
Ímonos encontrar no local social da Gentalha do Pichel , en Sant Jaume de Galícia (Rúa Santa Clara 21), o sábado 2 de decembro ás 20h.

1 comentari:

Anònim ha dit...

e como foi a cousa logo???