16 de juny 2006

O GRAN ENCONTRO folclórico


O Gran Encontro de "gallegos del Mundo" que se celebrou na pasada fin de semana -9, 10, 11 de xuño- no recinto do Fórum foi unha festa fundamentalmente folclórica. ¿ En qué nos baseamos para emitir este xuízo?, pois en imaxes coma esta: o presidente da asociación de empresarios galegos en Cataluña AEG-CAT Julio Fernández, promotor do ENCONTRO, aparece xunto a José Manuel Parada, folclorista por antonomasia da televisión española e doutros ámbitos, os dous xuntos tocan as "palmas" mentres tentan, supoñemos, arrincarse por "bulerías". Estes dous señores son nados en Galicia. Por certo que a isto algúns lle chaman: Cultura Gallega ! !Meus Deus, somo todos ateos!

2 comentaris:

Anònim ha dit...

Máis que unha festa folclórica, semella unha gran festa dos amigos de Filmax. ¿Quen convocou a todos eses famosos, entre eles moitos actores e profesionais do cinema, senón o propio presidente de Filmax e dos empresarios galegos en BCN? ¿Por que Elsa Pataky recibiu un recoñecemento de excelencia galega, por facer Romasanta? Ai, cantos favores lle deben a Julio Fernández...

Anònim ha dit...

A merda con eles! o mellor que podemos facer é ignorar e ignorar. Deixarse de críticas e de negativas (xa parecemos o PP) e adiquémonos a traballar por darlle unha alternativa ós galegos en BCN, a xente vai o encontro porque senón fica na casa.