04 d’abril 2006

A historia do nacionalismo galego en Sargadelos

A fundación Galiza Sempre inaugura o 6 de abril ás 20.00 horas na galería Sargadelos (Provença, 274-276) de Barcelona a exposición Democracia e País. A aportación do nacionalismo galego, unha completa mostra que recolle a historia do nacionalismo galego, as súas grandes figuras, os fitos históricos, a literatura e a música, entre outros temas. No acto de presentación participarán Xabier Macías, director da Fundación Galiza Sempre, Pilar Dellunde, do Grup Parlamentari d`Esquerra Republicana de Catalunya, e Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación Galiza Sempre.